UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

29 abr. 2011

GRAN  FESTA  DO  LIBRO
Este ano celebrámola o 15 de abril, pois o 23 cadraba nas vacacións de Pascua, e dedicámolo á poesía.
Houbo poemas en galego, en castelán e ata en inglés.
Lembrámonos de García Lorca, Antonio Machado, Antonio Rubio, Rosalía de Castro, Gloria Sánchez, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, García Teijeiro e Kenn Nesbitt.
 Cada grupo estudou un autor e presentoullo ao resto do alumnado.



 Despois elaboramos un libro con todo este traballo que pasará a formar parte  da nosa sección “Feitos por nós”

22 abr. 2011

MELLORAMOS AS NOSAS COMPETENCIAS
O alumnado do terceiro ciclo recibiu información sobre como realizar  presentacións en power point e fixo as súas propias
sobre as árbores do patio que apadriñaron e mais as que rodean o colexio. Para completar este traballo presentáronllo á comunidade educativa e confeccionaron uns libriños que engadiron á exposición. Agora, estes traballos, pasarán a formar parte da biblioteca.




9 abr. 2011

PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

ENCONTROS PLAMBE ( PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES)

BULI



A responsable da nosa biblioteca, Carmen Jar,  viaxou ata Santiago, o 7 e 8 de abril, para asistir    aos encontros PLAMBE das bibliotecas escolares de Galicia. Chegou marabillada pola cantidade e calidade de traballos que se fan nas bibliotecas
galegas e, por suposto, tamén levou unha mostra dos vosos traballos que non desmerecían nada dos outros.
Contoume que a organización foi excelente e que
chega con novas ideas. Ah! Tamén me dixo a emoción tan grande que experimentou ao ver e escoitar ao grande das nosas letras “Xosé Neira Vilas”


5 abr. 2011

O XORNAL DE BULI

Chegou marzo, o  mes   da   prensa,  e  Buli  animounos a transformarnos en  reporteiros e a facer un xornal entre todos. Puxémonos axiña a traballar e naceu o primeiro xornal de Buli con noticias locais que vivimos en primeira persoa.
E quedou así de chulo!



Este é o número 1 pero agardamos que sexa o comezo dunha longa produción xa que os nosos reporteiros son excelentes.