UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

10 dic 2015

Aprendendo máis sobre os dinosaurios!!

Todos os alumnos/as do Cep Riomaior, tivemos a ocasión de facer unha saída a Vigo para coñecer un pouco máis a cidade e os lugares máis frecuentados pola xente, como o Estadio de fútbol.
Aproveitamos a visita á cidade para visitar unha exposición sobre dinosaurios que había ao aire libre na explanada do Náutico de Vigo.
 Foi un día moi completo porque aprendemos moitísimo sobre estes animais fantásticos.











Stop Violencia!!

O pasado 25 de novembro, celebrouse o día internacional da violencia de xénero en todo o mundo. Nós, desde a bibilioteca do cole, quixemos que o alumnado denunciase esta lacra social, escribindo mensaxes espontáneas de repulsa, nun gran mural exposto para este propósito.











21 nov 2015

Contacontos de Anxo Moure

O coñecido contador de contos, Anxo Moure, estivo na miña casa, o pasado día 20 de novembro.
Deleitounos coas súas historias máis coñecidas como son: o "Carballo con Botas" ou "A Xacia Luviñas", que tratan sobre a defensa dos ríos e da nosa natureza.
Fixo que todo o alumnado participase activamente na dramatización dos seus contos e pasamolo todos moi ben.
Foi todo un luxo, telo connosco e ogallá veña de novo!.











3 nov 2015

A miña nova casa

Velaí, a miña nova casa onde me sinto moi a gusto este ano.
Móstrovos como quedaron as diferentes zonas despois da mudanza, e convídovos a curiosear nas estanterías, para compartir e disfrutar comigo, os meus prezados tesouros: os libros.











23 oct 2015

A doutora Peteiro e os seus pacientes representan unha obra de teatro para celebrar o día da biblioteca!!

Co motivo da inauguración da biblioteca, un grupo de profes deciden dramatizar unha adaptación do libro da "Doutora Peteiro e os seus bichiños".
Para isto decidiron representar o tema rector do cole, neste ano: "o mundo dos animais": Faunaseando en Ríomaior.
Esta pequena adaptación do libro é unha parodia sobre cómo os problemas e as vivencias dos humanos se poden reflexar tamén nos animais.