UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

19 ene. 2015

COÑECENDO A DRAGAL

A escritora Elena Gallego Abad, autora da triloxía Dragal, achegouse ata Riomaior para reunirse con algún lectores de 4º e 6º que tiñan curiosidade por coñecer máis a fondo a historia de Dragal. En primeiro lugar comentou por que empezou a escribir esta historia. “O meu fillo Adrián era moi afeccionado aos libros de dragóns e non había nada escrito en galego; entón pensei escribir algo baseándome en diferentes dragóns e lugares de Galicia. Galicia é moi rica en lendas e tradicións e hai moitas representacións de dragóns”- dixo a autora. Despois engadiu que é unha defensora da cultura e da lingua galega e quere que os lectores descubran a riqueza cultural que temos en Galicia a través dos seus libros. Elena contounos que está a escribir o 4º volume que se titulará “A estirpe do dragón” e que posiblemente se faga unha película baseada nesta historia que podería ser de ficción ou animación. Tamén dixo que se están a traducir ao castelán e ao inglés a súa triloxía. O encontro foi moi interesante. Sorprendeunos moito que fose o seu primeiro libro e que defenda tanto a nosa cultura sendo de Teruel. Foi unha sorte que viñera visitarnos. Graciñas, Elena!