19 ene 2015
COÑECENDO A DRAGAL
A escritora Elena Gallego Abad, autora da triloxía Dragal, achegouse ata Riomaior para reunirse con algún lectores de 4º e 6º que tiñan curiosidade por coñecer máis a fondo a historia de Dragal.
En primeiro lugar comentou por que empezou a escribir esta historia. “O meu fillo Adrián era moi afeccionado aos libros de dragóns e non había nada escrito en galego; entón pensei escribir algo baseándome en diferentes dragóns e lugares de Galicia. Galicia é moi rica en lendas e tradicións e hai moitas representacións de dragóns”- dixo a autora. Despois engadiu que é unha defensora da cultura e da lingua galega e quere que os lectores descubran a riqueza cultural que temos en Galicia a través dos seus libros.
Elena contounos que está a escribir o 4º volume que se titulará “A estirpe do dragón” e que posiblemente se faga unha película baseada nesta historia que podería ser de ficción ou animación. Tamén dixo que se están a traducir ao castelán e ao inglés a súa triloxía.
O encontro foi moi interesante. Sorprendeunos moito que fose o seu primeiro libro e que defenda tanto a nosa cultura sendo de Teruel.
Foi unha sorte que viñera visitarnos. Graciñas, Elena!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario