UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

16 mar. 2015

PARTICIPAMOS ACTIVAMENTE NO SALÓN DO LIBRO

O xoves, 12 de marzo, visitamos o Salón do Libro en Pontevedra. Participamos activamente nos diferentes obradoiros que tiñamos adxudicados, todos moi interesantes e divertidos, visitamos a exposición onde tamén estaba o noso libro á beira do Touraliño, participamos en diversos xogos que nos propuxeron os guías e finalmente fotografámonos con Orbil, a cariñosa mascota do Salón. Como en anos anteriores foi unha experiencia moi agradable, educativa e divertida. Felicidades ao Concello de Pontevedra por organizar esta magnífica actividade. Que dure moitos anos!!


1 mar. 2015

Salón do Libro Infantil e Xuvenil

Xa deu comezo o XVI Salón do Libro en Pontevedra e ata alí nos desprazaremos o xoves, 12 de marzo, para participar das súas actividades e contemplar os excelentes traballos que presentan os centros colaboradores entre os que se encontra, como non podía ser doutro xeito, o noso. Este ano levamos un libro colectivo titulado "Galaxia Riomaior"