UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

31 ene. 2016

Un futuro prometedor como escritor para Sergio.

O alumno de sexto de primaria, Sergio González Eidón, presentouse a un concurso de relatos curtos e gañou un premio.
O día 29 de xaneiro, foi felicitado coma se merece, por toda a comunidade educativa de Riomaior




13 ene. 2016

Traballando o tema reitor: Faunaseando.

Como sabedes, este ano o tema reitor do cole é sobre os animais. Así que ambientamos a biblioteca con libros e espazos nos que os nosos mellores amigos, son os principais protagonistas.








Bos desexos para o Nadal e o aninovo!

O equipo da biblioteca e Buli despedimos o 2015 por todo o alto!..


Os nenos e profes deixamos pegada dos nosos mellores desexos nun panel á entrada da biblioteca. Colaboramos con Dinamización para decorar unha árbore con palabras típicas de Nadal e aproveitamos tamén para decorar as portas das aulas con cartas, bos propósitos e felicitacións escritas en varias linguas.