UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

27 oct 2016

DÍA DA BIBLIOTECA

 
 

 

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Todos os alumnos/as acudimos a biblioteca e recibimos unha pequeña charla de formación de usuarios. Aprendemos moito, sobre todo o que podemos atopar nela. Aos mais cativos, Buli  regaloulles un libro dos Bolechas, foron todos moi contentos!!!!!
Tamén recibimos a visita duns contacontos moi especiais para este colexio, cinco dos nosos antigos mestres que se ofreceron para contarnos unos contos moi divertidos .
Poli e Mariño interpretaron o conto "Que bonito é Panamá" para os máis cativos, e Carmen, Eva e Miguel Anxo o conto  " Lobishome" para 4º,5º E 6º.
Tamén se fixo entrega dos distintivos e uniformes aos colaboradores Buli.



No hay comentarios:

Publicar un comentario