30 oct 2017
ENTREVISTAS DOS NENOS E NENAS DE SEXTO
ENTREVISTA A Mª CARMEN FERNÁNDEZ SECRETARIA DA ANPA
PATRICIA FERNÁNDEZ, DIRECTORA TÉCNICO DA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO.
SOL VÁZQUEZ, DIRECTORA XERAL DE COMERCIO E CONSUMO DA XUNTA .
ORNELA FERNÁNDEZ, CONCELLEIRA DO CONCELLO DE VILABOA
NAI DE ZAIRA DE 6º
CONCELLEIRO DO CONCELLO DE VILABOA
BEATRIZ SOMOZA, XEFA DE ESTUDOS DO COLEXIO
CECILIA ALUMNA DE 5º
SANTIAGO ALUMNO DE 5º
Mª CARMEN NEGRO, DIRECTORA DO COLEXIO
SPENCER,AUXILIAR DE CONVERSA
29 oct 2017
XOGOS DE PISTAS
Para os cursos de 1º, 2º e 3º, Buli preparou un "XOGO DE PISTAS", que consiste en atopar un libro na biblioteca seguindo as indicacións segundo as cores. É unha maneira de buscar un libro e a súa colocación.
26 oct 2017
O PRACER DE LER
Con esta actividade, BULI quixo que os seus amigos e amigas fixeran frases de animación á lectura.
Fixéronse en colaboración co departamento de inglés, castelán e ENDL. Participaron os nenos e nenas de 4º,5º e 6º. A actividade reflectíuse nun mural no corredor da biblioteca.
25 oct 2017
TUTORIAL DE ORTOGRAFÍA
Comezamos unhos tutoriales de ortografía, nos que se explican por medio de xestos, retahílas, cancións, contos......normas de ortografía, para que lle cheguen aos nenos e nenas de forma visual, divertida e motivadora.
FOTO DE BULI COS NENOS E NENAS
Tódolos nenos e nenas fixeron con Buli unha foto para conmenorar o
Dia da Biblioteca.
PRIMEIRO
SEGUNDO
TERCEIRO
CUARTO B
CUARTO A
QUINTO
SEXTO
CONTACONTOS
Comezamos as actividades da "Semana das Bibliotecas Escolares" .
Onte tivemos unha parella de contacontos CODEA E MIOLO, en colaboración coa concellería de infraestructuras, mar e emprego do concello de Vilaboa, que nos contaron dous contos moi divertidos cos que nos fixeron gozar e animaron aos nenos a disfrutar da lectura.
22 oct 2017
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O día 24 de outubro é o día da Biblioteca e conmemórese desde 1997 en lembranza da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada no 1992 durante o conflicto dos Balcáns.
No noso colexio, durante todo o mes de outubro, Buli ,a nosa mascota, estivo moi ocupado preparando e facendo moitas actividades para os nenos e nenas:
-Apertura da biblioteca o día 3 de outubro.
-Formación de usuarios
-Nomeamento dos colaboradores da biblioteca.
-Mochilas viaxeiras
-Itinerario lector.
.
-Entrega dos carnets aos novos lectores.
-Reencontro dos padriños e afillados.
Para rematar co mes das Bibliotecas Escolares, esta semana BULI, propón mais actividades para que os nenos e nenas desfruten da súa casa a Biblioteca
21 oct 2017
PREMIOS GALICONS.-NET
O xoves, a Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, e a Directora técnica da Escola Galega de Consumo, Patricia Fernández López, visitaron o noso colexio para entregar un premio no marco do programa de consumo responsable GALICONS-NET incluido dentro do Plan Proxecta.
Os nenos e nenas de quinto e sexto do curso pasado realizaron o traballo chamado "COA COOPERATIVA RIOMAIOR A PUBLICIDADE IRÁ MELLOR",que se desenrolou dentro da cooperativa creada,na que traballaron durante todo o curso.
Na entrega de premios tamén estiveron:
D.Román Latas Calvo (Inspector de Educación).
D. Luis Poceiro (Alcalde de Vilaboa).
Dona Ornella Fernández (Concelleira de emprego, mar e infraestructuras).
D. Carlos Acuña (Concelleiro de Cultura e Xuventude).
Dona Guadalupe Piñeiro (Pesidenta da ANPA ata o curso pasado)
Dona Mª Carmen Fernández (Secretaria da ANPA actual)
12 oct 2017
XOGOS DE SORTES
Comenzanos o noso proxecto "Pavís pavós, xogamos con vós" cos XOGOS DE SORTES.
Os xogos de sortes son aquelas letras con rima que se ulilizan para escoller nos xogos dos rapaces o rei ou a raíña do xogo.
Os xogos de sortes son aquelas letras con rima que se ulilizan para escoller nos xogos dos rapaces o rei ou a raíña do xogo.
3 oct 2017
COLABORADORES DA BIBLIOTECA
NOVO CURSO= NOVOS COLABORADORES
O venres reuníronse na biblioteca os novos colaboradores con Buli, os alumnos de 5º, para coñecer as súas funcións e as tarefas a realizar este curso:ordenar libros, manter o silencio, facer recomendacións aos pequenos lectores..etc.
Tamén firmaron un contrato no que se comprometeron a realizar as tarefas propias dun bo colaborador.
Hoxe martes,día 3 de outubro, coincidindo coa apertura da biblioteca foron presentados a todos os alumnos/as do colexio.
2 oct 2017
PROXECTO 2017-2018
Con moita ilusión iniciamos o proxecto para este curso, coordinado pola biblioteca escolar,
OS XOGOS
OS XOGOS
PAVÍS, PAVÓS XOGAMOS CON VÓS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)